top of page

Titulada Superior en Arte Dramática (Especialidade Interpretación Textual) na ESAD de Galicia e diplomada en Educación Social pola Universidade de Vigo. Formación en Fotografía Artística na Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense.

Actualmente realiza estudos de Máster en Artes Escénicas.


Participa dende moi nova na práctica escénica da cidade de Ourense.  Inicia a súa andaina no teatro afeccionado en 2001, levando a escena textos de W. Shakespeare, F. Arrabal ou A. Jodorowski... entre outros.

No 2008 consegue o seu primeiro papel protagonista como actriz profesional na compañía Cachuzo Teatro, no musical  “Game Over” de Carlos Losada. Seguirá colaborando noutros espectáculos profesionais con Boneca Lareta, Arteficción, etc. Forma parte do elenco de “Piratas” en Teatro do Noroeste. 

Na actualidade leva tamén a escena "O home Almofada" de iLMaquinario Teatro, compañía da que é membro xunto a Fernando González, Melania Cruz, Fran Lareu e o director e dramaturgo Tito Asorey.

Fórmase en diversos obradoiros especializados en Teatro Social, Técnica Roy Hart, Técnica Suzuki, Técnica Vocal, Método Stanislavski, Zancos, Comedia dell`Arte, Clown... da man de profesionais como Manuel Vieites, Ermel Morales, Nuria Inglada, Eduardo Vasco, Petra Hofmann, Avelino González,  Fina Calleja, Tito Asorey...

Salientar tamén a súa experiencia audivisual en diversas curtametraxes e videoclips e a súa experiencia docente en centros educativos, de animadora sociocultural e como organizadora de eventos lúdicos.
Acadou en 2008 o premio á orixinalidade e creatividade no programa de emisión radiofónica “Ponte Nas Ondas” organizado por Radio Ecca.

Foi presidenta e cofundadora da Asociación Cultural Marañao adicada á promoción de actividades teatrais na que segue participando activamente.

BIO

bottom of page